Begoña Caamaño

Vigo, 14-octubre 1964

Santiago de Compostela, 27-octubre-2014

 

Premios:

  • Premio da Crítica de narrativa galega, 2012
  • Premio Antón Losada Diéguez de creación literaria, 2013
  • Día das Letras Galegas, 2026

A autora de: Circe ou o pracer do azul ten 45 anos cando a publica.
O pracer do azul, fronte ao ponto negro, proceloso e cheo de mortandade, quizais. Poético título!

Novela de recreación de personaxes e mitos clásicos, herdeiros do presuposto autor da Odisea, Homero. Atópanse paralelismos coa estructura cásica na narrativa da autora, na toponimia, nos antropónimos, nos xentilicios. E naturalmente nos mitos.
Tocantes á narrativa, a forma do relato é de tempo longo, procedente da oralidade da Odisea para entreter ao ouvinte e darlle ao mesmo tempo suspense.
Por outra banda, hai certamente un calco total nas preguntas consecutivas que fan os personaxes, e as respostas correspondentes ás mesmas.
Se serve, así mesmo de certos epítetos existentes na obra antiga da que parte, repeténdoos ao longo dos capítulos, chamados rapsodas na obra clásica.
Dedúcese fácilmente o coñecemento que Caamaño posúe do texto clásico. Era lectora voraz dos clásicos:

Tiven a sorte de ler a Homero de bastante pequecha

O pracer de explicar, de narrar de xeito oral, sen presas, con detalles, tanto no conxunto da obra como na correspondencia epistolar, nas 17 furtivas cartas entre Circe e Penélope. Paralelismo na forma, mais non no fondo.
Porque nelas, móstrase a perspectiva feminista critícanse os amores impostos, a submisión, fálase da independencia e do poder das mulleres. Da prudente Penélope e de Circe, deusa feiticeira que na súa illa acubilla, protexe mulleres e non quere saber nada de homes até que aparece Ulises. Esta muller empoderada e independente cae nos brazos de Ulises, é máis descobre o amor con el, a primeira sorprendida é ela…Así de doado!
Circe fainos pensar sobre a condición sumisa da muller na época clásica, das emocións auténticas, da vinganza de certas mulleres que non puideron aturar tanta presión (Medea, Clitemnestra).
Pero a meu parecer, a suposta metamorfose das dúas mulleres principais nesta novela: a raíña de Ítaca e a semideusa da illa de Eea é utópica de máis.
A longa correspondencia epistolar entre ambas as dúas a través do libro, consegue a referida transformación entre Penélope e Circe ao tempo que é a finalidade deliberada da novela en sí. As 17 cartas intercambiadas ao longo do libro confírmanolo. Mais nin é crible nin é de lectura lixeira.
Sen embargo, desfrutei relendo persoaxes da Odisea, epítetos, comparanzas. Pareime moito nas palabras, sobre todo as que me pareceron poéticas.

Bravo a escritora, Begoña Caamaño por nos relembrar tanto da civilización helénica!

 

Personaxes de herdanza clásica:

• Circe: a deusa feiticeira e cruel
• Penélope, muller de Ulises, señora e soberana de Ítaca
• Ulises, o Laertiada
• Telémaco, o seu fillo
• Euriclea, a fiel escrava
• Anticlea, a vella raíña, a sogra
• Laertes, o seu sogro
• Medonte, heraldo, da voz sonora
• Euríloco, Elpénor, o vello mariñeiro
• Pretendentes: Antínoo, Eurímaco
• Afrodita, deusa da beleza e da liberdade quen Circe consagrou a illa
• Atenea
• Artemisa
• Afrodita, Perséfone, Deméter (deidades favorábeis ás mulleres)
Personaxes tirados do Hades e outros: Medea, Xasón, Clitemnestra, Agamemnon, Ifixenia, filla de ambos, Andrómaca, Heitor, Neoptólemo, Tiresias, o adiviño…

Hai epítetos procedentes do texto clásico:
A aurora de rosados dedos
As cóncavas naves
As douradas trenzas de Circe, p. 167
Fíos de prata na cabeleira (Penélope)
Moura sorte, p.170
Azuladas augas do Xónico, p.259

Ou fermosas comparanzas:
[…] máis axiña do que volve o mar na procura da area, nas praias de Eea, p.38.

Fermosa hipérbole:
Cegados polo resplandor dourado da deusa, p.52

E finalmente, poéticas palabras:

Nubes preñadas de choiva, p. 32
Ronsel de angurias e tristuras, p.32
Os mornos dedos da rosada aurora, p. 142
Non volveremos ver moitas veces máis a lúa completar a súa redondez, desde as praias de Eea p. 151
Una poalla maina e lene, que apenas rozaba a terra cunha tímida caricia de humidade, p.154
Circe, a deusa da alma limpa, divindade que abre camiños no escuro e alumea nas tebras, p.232
A tensión que desprendía co corpo de Circe,[…] golpeaba o ar como un abano axitado en demasía, p.273
Una lúa completa tardou Anticlea en morrer, p.179
Vestida de lúa, e levando nos seus cabelos, como único adorno, o aroma do relento, p. 188
Eu, que non sei navegar, acho en vós o único facho aceso no meu nocturno deambular entre as tebras, p.270

 

 

Stella Maris González Balbuena

Catedrática de francés jubilada, dedicada a la traducción, la poesía y la música.

More Reading

Post navigation

Leave a Comment

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *