( Exposición de fotografías de Manuel Sendón, no Museo do Mar, Vigo, até fin do mes de xaneiro). Exposición moi, moi recomendábel.
Paixón aparte, son amiga de Manuel dende hai décadas, esta exposición transmite sensacións poéticas da man do seu creador, tan persoal e tan especializado no seu oficio máis fondo, a fotografía ( no é único, é profesor de «La Escuela de Bellas Artes» de Pontevedra de fotografía e foi durante moitos años, profesor de matemáticas.)
Co fío condutor de «Crebas» suxírenos a partir dos obxectos arrastrados pola mar, á praia de Rostro, imaxes libres (cada un, que imaxine a súa, ), sensacións visuais e táctis, nunha viaxe engaiolante a través dos nosos sentidos. Unha verdadeira sinestesia, por mor desta interrelación do seu ollar tan peculiar.
Polo que a min respecta, parecéceme que Manuel Sendón poetiza coas súas fotos nesta recente exposición. Porén , atópoa moi preto da linguaxe poética.
Parabéns, e unha forte aperta, Manuel!!!
Mil grazas pola túa compañía e polas túas explicacións !!!
CREBAS
Escoito e escoitei moitas historias fascinantes de obxectos traídos polo mar, unhas simpáticas e outras tráxicas. O mar cuberto de laranxas até cambiar de cor, mariñeiros que colleron nas súas redes champaña francés, praias poboadas de capachos multicolores (máis propias dunha instalación que dun fenómeno natural), televisores que ao prendelos estoupaban, mulleres con impresoras na cabeza, como noutrora se levaban as sellas… Pero tamén barcos como o Silva Gouveia, afundido en 1927, que ás veces o mar descobre e tamén outros como el, de grandes dimensións, encaixados en areais aos que o mar normalmente non chega, ou praias con mortos traídos polas correntes e as mareas, sen esquecer as paisaxes apocalípticas do Prestige e da evacuación do Casón.
A dureza do mar e as características físicas da Costa da Morte deron lugar a sucesos sorprendentes. Pero é moito máis sorprendente, sen dúbida, a forma en que son vividos e, sobre todo, na que son relatados posteriormente.
Resulta imposíbel reducir ese mundo a un conxunto de fotografías, polo que esta imaxe non pretende describir as crebas, que é como lles chaman os que andan na súa pescuda pola ribeira, senón suxerir. Un intento por achegarse ao potente imaxinario do mar que existe na Costa da Morte.
Manuel Sendón
Versión francesa ( con toda a miña amizade)
ÉPAVES
J´entends et j´ai toujours entendu des histoires fascinantes d´objets apportés par la mer, quelques-unes sympathiques et d´autres tragiques. La mer recouverte d´oranges jusqu´au point de changer de couleur, des matelots qui ont ramassé dans leurs filets du champagne français, des plages couvertes de paniers multicolores ( plus proches d´une éventuelle exposition que d´un phénomène naturel), des télévisions qui éclatent au moment de les brancher, des femmes portant des imprimantes sur leurs têtes, comme on portait les cruches autrefois…
Mais aussi des bateaux tel que le Silva Gouveia, échoué en 1927, que la mer découvre quelque fois ou d´autres de grandes dimensions, pris dans les sables, là où la mer d´habitude ne peut pas arriver, ou des cadavres traînés par les courants et les marées, sans oublier les images apocalyptiques du pétrolier Prestige ou l´évacuation du Cason.
La dureté de la mer et les caractéristiques physiques de La Côte de la mort donnèrent lieu à des faits divers surprenants. Mais, bien plus surprenant encore c´est la manière dont ces récits sont vécus, notamment après, lorsqu´on les raconte.
Il est très difficile de limiter tout ce monde à des photographies, c´est pourquoi ces images n´essaient pas de décrire toutes ces épaves = crebas, car c’est ainsi que ceux qui les cherchent le long du littoral les nomment, mais de suggérer. Un essai d´approche du puissant imaginaire de la mer
Stella Maris / André Philippot
Deja una respuesta