Darío Xohán Cabana

1952-2021
Darío Xohán Cabana Yanes, nado en Roás (Cospeito) o 19 de abril de 1952 e finado o 17 de novembro de 2021, foi un poeta, novelista, ensaista e tradutor galego.

Traxectoria
Nado en Roás (escrito á inversa, Saor, daría título a unha das súas novelas máis destacadas), como fillo de labregos partidarios da Fronte Popular (o pai e mailo tío foran republicanos e comunistas, e un tío da nai, tenente republicano na defensa de Madrid), criouse na ideoloxía comunista do pai, e desde 1968 militou na esquerda nacionalista, primeiro na UPG e logo na FPG (onde seguiu o seu amigo persoal Xosé Luís Méndez Ferrín).
Cursou o bacharelato en Lugo, e entre 1970 e 1975 traballou en Vigo con Xosé María Álvarez Blázquez en Edicións Castrelos. Desa época é a amizade con Méndez Ferrín, que mantivo toda a vida, e na que houbo moita comunicación literaria e política.
De volta en Lugo traballou como vendedor de libros a domicilio, e entre 1978 e 1982 estivo como liberado sindical pola INTG. Entre 1983 e 1987 traballou en Corcubión como garda municipal, e ao remate dese período regresou a Lugo como funcionario do concello onde durante un tempo se encargou da vixilancia de edificios culturais municipais.
Durante as súas décadas de vida como empregado municipal viviu na parroquia de Romeán.
Desde o 22 de abril de 2006 foi académico da Real Academia Galega. O seu discurso de ingreso De Manuel María a Ferrín: a grande xeración, foi respondido por Méndez Ferrín.
Desde decembro de 1987 publicou diariamente un encrucillado en galego nas páxinas de La Voz de Galicia, tarefa que continuou durante 34 anos, ata o seu falecemento. Tamén foi membro do consello de redacción da revista A Trabe de Ouro.

Obra
Nos seus comezos publicou case exclusivamente poesía, e a partir de 1989 pasou a publicar principalmente narrativa. A súa poesía erótica é valorada pola investigadora María Liñeira como unha contestación aos prexuízos androcéntricos. Tamén colaborou na prensa.

Colaborou na prensa. Foi corrector do semanario A Nosa Terra e colaborou en Teima, Faro de Vigo, Atlántico Diario, A Trabe de Ouro, La Voz de Galicia, Grial, Dorna, Murguía, Viceversa, Cuadernos de Literatura Infantil y Juvenil e o Boletín da Real Academia Galega. Desde decembro de 1987 publicou diariamente un encrucillado en galego nas páxinas de La Voz de Galicia, tarefa que continuou durante 34 anos, ata o seu falecemento.
Poemas seus foron musicados e cantados por Amancio Prada, Suso Vaamonde, Fuxan os Ventos, A Quenlla.

Poesía
Home e terra. Ed. Xistral, 1970.
Verbas a un irmao. Edición de autor, 1970.
Romanceiro da Terra Chá. Ed. Castrelos, 1973.
Elexía nunha escuridade mortal. Ed. Roi Xordo, 1974.
Mortos por que Galicia viva. Ed. Roi Xordo, 1974. Asinado co pseudónimo Daniel Méndez.
Ábrelle a porta ó día. Ediciós do Castro, 1981.
A fraga amurallada. Ed. Limbo, 1983.
VIII FragmentosV. Sotelo Blanco, 1987.

Amor e tempo liso. Sotelo Blanco, 1987.
Cantigas de amor vilao. Galaxia, 1987.
Patria do mar. Ir Indo, 1989.
Antoloxía poética. Biblioteca de Autores Galegos, Diario 16 de Galicia, 1992.
Recolleita .El Correo Gallego, 1992.
Cinco lendas. Deputación de Lugo, 1993.
Canta de cerca a morte. Galaxia, 1994.
Vinte cadernos: Poemas 1969-2002. Xerais, 2003.
• Cabalgada na brétema. Galaxia, 2006.

Narrativa
Noticias dunha aldea. Castrelos, 1973.
Galván en Saor. Xerais, 1989. Traducida ao castelán.
Fortunato de Trasmundi. Xerais, 1990.
Libro dos moradores. Ir Indo, 1990.
Cándido Branco e o Cabaleiro Negro. Xerais, 1992.
Vidas senlleiras. Xerais, 1992.
• A excursión. Contos do Castromil n.º 8, 1992.
Cerco de ferro. Nigra, 1994.
• O cervo na torre. Xerais, 1994.
Morte de rei. Xerais, 1996.
Mitos e memorias. Xerais, 2003.
Literatura infanto-xuvenil
As aventuras de Breogán Folgueira. Xerais, 1990.
Chirlo merlo na figueira. Sotelo Blanco, 1990.
O avión de Cangas. Xerais, 1992.
As viaxes do principe azul. Galaxia, 1993. Traducida ao catalán.
O milagre das estrelas. Xerais, 1993. Traducida ao castelán.
O castrón de ouro. Edicións S. M., 1994.
Chucho Cacho. Xerais, 1994.
Inés e a cadela sabia. Edebé-Rodeira, 2000.
Dende o Himalaia a Ceilán. Galaxia, 2004.

Ensaio
Guía da provincia de Lugo,1998.
Monterroso na Ulloa, 2001.
A chegada a Lugo do primeiro tren. Concello de Lugo, 2005.
Xosé María Álvarez Blázquez. Vida e obra. Xerais, 2008.

Tradución

A partir de 1984 dedicouse á tradución de poesía da lingua italiana, respectando a métrica e a rima orixinal. Recibiu o Premio Otero Pedrayo e a Medalla de Ouro do Concello de Florencia pola tradución da obra A divina comedia de Dante Alighieri. A tradución da Vida Nova recibiu o Premio Ramón Cabanillas.

Cancioneiro, de Francesco Petrarca. Xunta de Galicia, 1989, Edicións da Curuxa, 2012.
A divina comedia, de Dante Alighieri. Xunta de Galicia, 1990, Edicións da Curuxa, 2014.
• Vida Nova, de Dante Alighieri. Espiral Maior, 1994.
Os tres mosqueteiros, de Alexandre Dumas, 2000.
Antoloxía do Doce Estilo Novo. Galaxia, 2004.
Os trobadores da Occitania. Edicións da Curuxa, 2011.
As floriñas de San Francisco. Alvarellos, 2014.
Xácome o fatalista, de Diderot . Galaxia, 2021.

 

Obras colectivas
• Os novísimos da poesía galega. Akal, 1973.
• I Festival de Poesía no Condado. S. C. D. Condado, 1981.
• II Festival da Poesía do Condado ib., 1982.
• III Festival da Poesía no Condado ib., 1983.
• O quiquiriquí e outras narracións. Ediciós do Castro, 1983.
• IV Festival da Poesía no Condado. S. C. D. Condado, 198.
• Escolma de poesía galega (1976-1984), 1984, Sotelo Blanco.
• Os escritores lucenses arredor de Ánxel Fole. Concello de Lugo, 1986.
• VI Festival da Poesía no Condado. S. C. D. Condado, 1986.
• VII Festival da Poesia no Condado ib.. Condado, 1987.
• VIII Festival da Poesia no Condado. Escolma Poética. Ib., 1988.
• Sede central. 1 Clube Cultural Adiante, 1988.
• X Festival da Poesia no Condado. Escolma Poética. S. C. D. Condado, 1990.
• XI Festival da Poesia no Condado ib., 1991.
• Contos da xustiza (Ir Indo, 1991).
• XIII Festival da Poesia no Condado ib., 1993.
• Aí está o conto. Xunta de Galicia, 1993.
• Desde mil novecentos trinta e seis: homenaxe da poesía e da plástica galega aos que loitaron pola liberdade. Ediciós do Castro, 1995.
• O Mundo de Fiz: Escolma da poesía de Fiz Vergara Vilariño. Citania de Publicacións, 1995. Coeditor con Xavier Rodríguez Barrio.
• Relato contemporáneo. Xerais, 1995.
• Unha liña no ceo (58 narradores galegos 1979-1996). (Xerais, 1996.
• A poesía é o gran milagre do mundo. PEN Clube de Galicia, 2001.
• Poetas e Narradores nas súas voces. Vol. I Consello da Cultura Galega, 2001.
• Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina. Fundación Araguaney, 2003.
• Narradio. 56 historias no ar. Xerais, 2003.
• Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra. Espiral Maior, 2003.
• Xuro que nunca volverei pasar fame: poesía escarlata. Difusora, 2003.
• 23 poetas cantan a don Antonio Machado. Hipocampo, 2004.
• Cartafol poético para Alexandre Bóveda. Espiral Maior, 2006.
• De Manuel María a Ferrín: a grande xeración. Real Academia Galega, 2006. Con Xosé Luís Méndez Ferrín.
• Poemas pola memoria (1936-2006). Xunta de Galicia, 2006.
• Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo. Difusora, 2006.
• Poemas coruñeses: antoloxía de textos poéticos dos séculos XIX e XX sobre a Coruña. Espiral Maior, 2008.
• Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade. Difusora, 2009.
• En defensa do Poleiro. A voz dos escritores galegos en Celanova. Editorial Toxosoutos, 2010.
• Tamén navegar. Toxosoutos, 2011.
• Urbano. Homenaxe a Urbano Lugrís. A Nave das Ideas, 2011.
• Cartafol de soños, homenaxe a Celso Emilio Ferreiro no seu centenario (1912-2012) Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, 2012.
• Dez anos de poesía nas Pontes. Galebook, 2013.
• Versos no Olimpo. O Monte Pindo na poesía galega. Toxosoutos, 2013.
• 1975-2015 Moncho Reboiras Vive!. Arredista Edicións, 2015.
• Arredor das Irmandades da Fala. Xerais, 2016.

Premios y reconocimientos
• Premio de Poesía Terra Chá en 1972 por Romanceiro da Terra Chá
• Premio de Poesía Ciudad de Ourense en 1982, por A fraga amurallada.
• Premio Celso Emilio Ferreiro de 1983, por Patria do mar.
• Premio de Poesía Ciudad de Ourense en 1986, por VIII fragmentos.
• Premio Celso Emilio Ferreiro de 1986, por Amor e tempo liso.
• Premio Xerais de novela en 1989, por Galván en Saor.
• Medalla de oro del Concello de Florencia (Italia) en 1991, por la traducción del Cancionero de Francesco Petrarca y la Divina Comedia de Dante Alighieri.
• Premio Ciudad de Lugo en 1992, por Vidas senlleiras.
• Premio Barco de Vapor en 1993, por O castrón de ouro.
• Premio de poesía Martín Codax en 1994, por Canta de cerca a morte.
• Premio Xerais de novela en 1994, por O cervo na torre.
• Premio de AELG a la mejor obra traducida de 2012, por Cancioneiro, seguido de Rimas dispersas, de Francesco Petrarca.
• Premio Lois Tobío de la Asociación Galega de Editores por el mejor libro traducido de 2014, por As floriñas de San Francisco.
• Premio de AELG a la mejor obra traducida de 2014, por la Divina Comedia.

Pequena mostra de Darío X. Cabana poeta e tradutor
Como tradutor ao galego, a obra máis extensa e importante foi a versión da Divina Comedia, de Dante Alighieri ao galego.
Publicada en 1990, e revisada en 2014, pola que recibiu ao ano seguinte a Medalla de ouro do Concello de Florencia, considerada a mellor tradución até agora na área galego-portuguesa-brasileira.

Fonte: wikipedia

***********
No mes de xullo pasado, recitou fragmentos do Paradiso, da Divina Comedia, na concatedral de Vigo, co gallo do VII centenario do pasamento de Dante.

Tiven a sorte de oilo e de coñecelo . Coido que debeu ser a derradeira aparición pública de Xohan Cabana.
Eu viña de saudalo e coñecelo persoalmente.
Soupen poucos meses despóis da súa viaxe!!! Moita mágoa!!!

Fícanos a súa escrita!!

 

 

CANTO I

La gloria di colui che tutto move
per l´universo penetra, e risplendei
in una parte più e meno altrove.

A gloria do que todo fai xirar
penetra no universo, onde resplende
máis ou menos segundo en que lugar.

Nel ciel che più de la sua luce prende
fu´io, e vidi cose che ridire
né sa né può chi di là sù discende ;

Ó ceo que da luz súa máis comprende
subín eu, e vin cousas que dicir
non sabe ou pode quen de alá descende;

Perché apressando sé al suo disire,
nostro intelletto si profunda tanto,
che dietro la memoria non può ire.

Pois cando o seu desexo se está a unir,
a noa intelixencia afonda tanto
que detrás a memoria non pode ir.

Dante en Vigo
PARADISO-concatedral Santa María-09-07-2021

 

 

You Shall Overcome

Venceredes vós.
Pero nosoutros
temos da nosa parte
os carballos de abril,
as espadanas, a ouricela,
o pan de sapo, as beloritas,
a ra de Santo Antón, o vagalume,
a troita, a vacaloura,
o xabaril e o corzo,
o mascato e a rula.

Venceredes vós,
pero nosoutros
temos da nosa parte
o Cadramón, o Piapaxaro,
o cabo Home, a illa
de San Simón, o lusco, o fusco,
o Castromao, o Xallas, as lagoas
innumerables de Valverde,
ou de Antioquía, o labirinto
de Mogor, as encuastras
de Novelúa, o edículo
de San Miguel de Celanova,
o dolmen de Dombate.

Venceredes vós,
romperedes a infinda
cadea que nos une
coas trabes do mundo,
pero nosoutros
mergullamos a boca
nos mil ríos de sangue
que estercaron a patria,
e no noso partido
militan todos os defuntos
que nos poñen aínda
a bosta nas zocas,
o cheiro a argazo nos fuciños,
o trono da forxa nas orellas,
a terra que xa son nas unllas.
E as feridas de ferro
ou negro chumbo e pólvora
nos corazóns atribulados.

 


Publicado

en

por

Etiquetas:

Comentarios

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *