Paco Souto

1962-2017

Nila Alvarez Pousa escolle Paco Souto para recitar un poema no Recital: Primavera das poetas, o pasado 21 de marzo. E outro da súa autoría: Din que os poetas son uns egoístas.


Francisco José Souto Barreiro, nado na Coruña o 12 de outubro de 1962 e finado en Razo (Carballo) o 30 de marzo de 2017, foi un escritor e político galego.

Traxectoria
Foi coeditor de Edicións do Dragón e da colección Letras de Cal. Realizou ilustracións para diversos libros e participou en varias exposicións colectivas, colaborando tamén en obras teatrais. Foi presidente da Asociación de mariscadores e da Asociación Caldeirón. Dende esta asociación promoveu o Premio de Poesía Erótica Illas Sisargas e foi o principal responsable da Editorial Caldeirón, selo que publica as obras gañadoras do certame e, ocasionalmente, outros títulos de poesía ou catálogos das exposicións organizadas pola asociación. Nas eleccións municipais de 2015 foi candidato do BNG en Malpica de Bergantiños e foi elixido concelleiro. Morreu o 30 de marzo de 2017 cando traballaba como percebeiro nas proximidades de Santa Mariña de Razo (Carballo).

Poesía:
As árvores do incesto, 1995, Espiral Maior.
Fado, 1998, Letras da Cal.
Crebar cristais coa lingua, 2003, A. C. Caldeirón.
As horas de María, 2007, Espiral Maior.
E alentar na túa rosa, 2010, A. C. Caldeirón.
e Caín, 2016, Laiovento.

Obras colectivas:
Concurso Nacional de Poesía O Facho (1978-1989), 1990, Edicións do Castro.
Homenaxe a Miguel González Garcés, 1991, Deputación da Coruña.
A rota dos baleeiros, con Miro Villar e Fran Alonso, 1991, Edicións do Dragón.
Dous bocetos, con Adriana Castro, 1994, Edicións do Dragón.
Nós, 1997, Batallón Literario da Costa da Morte.
Rumbo ás illas. Escritores da Costa da Morte nas Sisargas, 1997, Asociación Cultural Monte Branco/Asociación Neria, O Couto, Ponteceso.
Bestiario, 1998, Edicións do Dragón.
Botella ao mar, 2003.
Treze, 2003, Instituto de Baio.
Escrita Contemporánea. Homenaxe a Ánxel Casal, 2005, Asociación de Escritores en Lingua Galega.
Do máis fondo do silencio saen voces, 2006, Asociación Cultural Panda de Relacións Laborais, A Coruña.
Letras novas, 2008, AELG.
De Pondal ao Batallón Literario. 120 anos de poesía na Costa da Morte, 2009, Sotelo Blanco.
En defensa do Poleiro, 2010, Toxosoutos.
• Tamén navegar, 2011, Toxosoutos.
A cidade na poesía galega do século XXI, 2012, Toxosoutos.
Versos no Olimpo. O Monte Pindo na poesía galega, 2013, Toxosoutos.
Versus cianuro. Poemas contra a mina de ouro de Corcoesto, 2013, A. C. Caldeirón.
• Contos da taberna, 2014, Edicións Embora.
Catálago, libro-catálogo de obra plástica e poesía, con Rosalía Fernández Rial, Mon Lendoiro e Chiña.
6 poemas 6. Homenaxe a Federico García Lorca, 2015, Biblos Clube de Lectores. Poesía.
Aldeas sen voz, 2016, Editorial Canela. Poesía.

Obras pluridisciplinares:
América, con Laura Quintillán e Kukas, (1993).
No ano 2001 crea xunto o músico Serxio Moreira a compañía AÍNDA na que en anos posteriores incorporaranse o fotógrafo Peter Schneider e a escritora Rosalía Fernández Rial, realizando as seguintes montaxes:
Como augas de maio, con Serxio Moreira, (2001).
Aviléscanto, con Serxio Moreira, (2003).
As horas de María, con Serxio Moreira, ( 2005).
Homenaxe a Xelucho Abella, con Serxio Moreira,( 2007).
Lugar de incendios, montaxe con pintura, música e poesía xunto a Serxio Moreira,(2009).
Tempo escuro, montaxe con fotografía, música e poesía xunto a escritora Rosalía Fernández Rial, o fotógrafo Peter Schneider e o músico Serxio Moreira, (2013).
Catálogo , montaxe xunto a escritora Rosalía Fernández Rial e os artistas plásticos, Chiña da Brea e Mon Lendoiro.

Escolla poética:

Este que tes nas mans é un catálogo de incendios. Un lugar para as paixóns máis íntimas. Un acobillo certo para o lume que nos ilumina a palabra, o son, o azar da tinta.
É no incendio onde refulxe arreo o labor creativo, a simbiose próspera das linguaxes en irmandade, o crepitar alucinado da materia atinxindo de vez a forma. Unha e múltipla.
Arxila do seu tempo.
Xinete dos delirios.
Aquí as ferramentas que adoitamos usar:
Aquí a lingua.
O piano dos soños.

Lugar de incendios, 2009

Veño da fin do mundo
Coa cabeza aberta
E as mans cheíñas de paxaros

Veño nas coitelas do solpor
Onde o voo dos mascatos
E os corvos anunciadores do trebón
Tecen a noite
E na morte
Souben
Que Mar non era de augas
Senón da rosa nosa das tristezas

SE ANA MENDIETA

Abrirei un oco na terra
Do tamaño exacto do meu alento

Da promíscua floresta
Ao leite do río
Propagarei o rito deste incendio
Luz nefasta

Eu son
O galo degolado
Que esmorece nos teus peitos
Son o barro calcinado
A cicatriz e a pólvora

Abrirei
Abrirei na terra
Un oco do tamaño exacto
Do meu verso

Lugar de incendios, 2009

luzada

penetra pola fiestra a luz licuada
sutil a atravesarnos as siluetas
caladas inculcadas adheridas
sen lugar para o átomo entre a carne
como cando adoitamos construírnos
cos cadrís bramadores
enleados por lazos de ectoplasma

e nós? ollamos cara a fóra ou esculcamos
as cuncas espirais dos nosos ollos?

a cerna férrea de non sei que culpa
acostuma aganchar por entre as casas
e
de norte a sur
busca ensartarnos coa bandeira de folla de lata
tronzámola sen medoaa ás apalpadas
de cada vez arde cada vez
sen horario nos pulsos
coa loucura gozosa
aaaaana tona das mazás das nosas mans sen
luvas
aaaaae nas bocas
e así tamén agora
que a luzada feroz perfora o aire

amasado en cereal o corpo meu
quérete xa brisaaa covaaa labirinto
momento é de entornar contras azuis
a pedra arde


Publicado

en

por

Etiquetas:

Comentarios

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *