Category

Díaz Castro

Os Vilares, Guitiriz, 19-febreiro-1914

Lugo, 2-outubro-1990

Xosé María Díaz Castro, poeta e tradutor

“A poesía gústame desque empecei a leer e escribir na escola”, le confiesa el poeta a Alvariño (Aquilino Iglesia), con quien mantuvo una profunda amistad desde los días del Seminario en Mondoñedo. Los dos forman parte de la llamada “Escola Mindoniense”. También fue él quien le abrió “a porta ó campo da poesía en galego”.

Xosé María Díaz Castro naceu na parroquia de Os Vilares de Parga no seo dunha familia campesiña, aínda que seu pai tamén era o escribente do axuntamento de Trasparga, o 19 de febreiro de 1914. Aos 17 anos ingresa no Seminario de Mondoñedo onde coñece a Aquilino Iglesia Alvariño, tamén de orixe campesiña, que é quen o anima a escribir poesía en galego. En 1936 abandona o Seminario para facer o servizo militar e despois trasládase a Vilagarcía de Arousa para dar clases no Colexio León XIII que dirixía o seu amigo Aquilino Iglesia Alvariño.

En 1948, despois de licenciarse en Filosofía e letras emigra a Madrid onde comparte a docencia coa tradución, dado que domina todos os idiomas europeos, incluído o éuscaro ao casar en 1954 coa vasca, natural de Urretxu, Teresa Zubizarreta Bengoetxea.
Díaz Castro empeza a escribir poesía aos doce anos e aos dezaseis publica o seu primeiro poema na revista tarraconense Lluvia de rosas. Xa en Madrid publica poemas asiduamente na revista Alba.
En 1946 gaña nos Xogos Florais de Betanzos os primeiros premios en español con El cántico de la ciudad e en galego con Nascida d´un soño, un tríptico de sonetos adicados a muller betanceira.
Da súa estadía no Seminario quedaron dous libros inéditos : Follas ó aire e Follas Verdes que el sempre dicia que desapareceran e logo apareceron entre os seus papeis. Afirmaba que sempre procurara non imitar a ninguén pero recoñecía que a poesía de Aquilino, a quen consideraba o seu mestre, tivo algunha influencia na súa.

En Madrid, alterna os labores de docente cos de tradutor como se dixo antes. En 1968 obtivo os diplomas de inglés e alemán no Instituto de Idiomas da facultade de Filosofía e Letras de Madrid, e inscribiuse na Asociación Española de Tradutores e Intérpretes, onde apareceu como un dos tradutores españois de maior número de linguas europeas (incluído o éuscaro). No ámbito da tradución destaca o labor que realizou para o ministerio de Gobernación, así como as súas colaboracións con varias editoriais, co Instituto de la Cultura Hispánica dende 1952, e, a partir de 1966, co Consejo Superior de Investigaciones Científicas como encargado do servizo de traducións do Instituto Juan de la Cierva de Investigación Científica y Técnica. Volveu a Galicia en 1984. Colaborou en publicacións como El Pensamiento Navarro, Lluvia de Rosas, Ínsula, El Progreso Villalbés, La Noche, Estafeta Literaria, Sonata Gallega, Alba, Amencer ou Dorna, nas que deu a coñecer poemas e ensaios. Nos Xogos Florais celebrados en Betanzos o 19 de agosto de 1946, acadou o primeiro premio de poesía en castelán por “El cántico de la ciudad” e o primeiro premio de poesía galega polos tres sonetos titulados “Nascida dun soño”, recuperados na Homenaxe que lle tributou a Asociación Xermolos en 1987. No seminario de Mondoñedo escribiu varios cadernos de poesía perdidos, como Follas verdes e Follas ao aire, e o único libro que deu ao prelo foi Nimbos (1961), composto por trinta e unha composicións de ton paisaxístico e relixioso centradas na vida, o tempo e a morte. Nel inclúe o poema “Penélope”, que reflicte o forte arraigo á súa terra a través duns versos que ofrecen unha definición de Galicia audaz e profunda. Compuxo poemas en francés e alemán, e traduciu poetas e prosistas europeos como Lamartine, Rimbaud, Valéry, Claudel, Chesterton, Yeats, T. S. Eliot, Walt Whitman, Rilke ou Schiller. Encargouse tamén de traducir ao inglés a Lorca e Alberti. Entre todas as súas traducións destacan as realizadas ao castelán para a Editorial Aguilar dende o danés e o sueco, como Obras escogidas (1956), de Johannes Jensen, e Obras escogidas (1957), de Pontoppidan.

Escribiu Nimbos como se fose un xogo, que non lle daba importancia, e así o afirma no seu Pórtico:

Estes non son poemas, nin cimentos
de poemas siquera. Son fragmentos
de min mesmo perdidos,…


Díaz Castro é un poeta profundamente relixioso dada a súa formación teolóxica no seminario de Mondoñedo, pero esta poesía non deixa de ser social se lle sacamos, como el afirmaba, o contido relixioso. Por exemplo o poema Borrallo:

Ave, Cesar, ei!
Ti fas e desfás:
non hai copa nin reino
vedados pra ti,
por quen choran tóda-
las estrelas xa
sobre a cinza horrible
do que ardéu sin luz!

é, segundo me dixo el mesmo, dun berro contra a tiranía do autócrata e non Cristo sentido como César como di Méndez Ferrín en De Pondal a Novoneyra. Aínda que a poesía de Díaz Castro pertence ao humanismo relixioso ou neovirxilianismo, Ricardo Carvalho Calero afirma que Penélope é un dos máis profundos poemas de tema social que se teñen escrito nos nosos días:

Un paso adiante e outro atrás, Galiza,
e a tea dos teus sonos non se move.
A espranza nos teus ollos se espreguiza.
Aran os bois e chove.

Unha visión da realidade histórica galega mais con clara visión de futuro. Fala do noso drama colectivo de tecer e destecer e que non lle gustaba a súa dona porque, como boa vasca, quería que todos os pasos fosen cara adiante.
Novoneyra dicía que escribira a despedida e a benvida máis bonitas na nosa lingua: trátase dos poemas Polpa dorida, onde saúda esta terra verde e mar de orballo e Monumento á ausencia, onde se aferra ao que non quere perder por ter que irse lonxe do seu val natal.
Todos os galegos deberíamos ter Nimbos na mesiña de noite, dicía Carvalho Calero e razón non lle faltaba a don Ricardo.
A Real Academia Galega adicoulle o Día das Letras Galegas en 2014.

Fuente: wikipedia/ Real Academia Galega.

PENÉLOPE

UN PASO adiante i outro atrás, Galiza,
i a tea dos teus sonos non se move.
A espranza nos teus ollos se esperguiza.
Aran os bois e chove.

Un bruar de navíos moi lonxanos
che estrolla o sono mol como unha uva.
Pro ti envólveste en sabas de mil anos,
i en sonos volves a escoitar a chuva.

Traguerán os camiños algún día
a xente que levaron. Deus é o mesmo.
Suco vai, suco vén, Xesús María!,
e toda a cousa ha de pagar seu desmo.

Desorballando os prados coma sono,
o Tempo vai de Parga a Pastoriza.
Vaise enterrando, suco a suco, o Outono.
Un paso adiante i outro atrás, Galiza!

 

Penelope

Pauso bat Aurrera eta veste batbatzera, Galizia,
Eta zure ametsen ehuna ez mugitzen.
Esperantzac nagiak aterazen ditu zurebegietan.
Idiak goldaketan eta euria.

Oso urrutiko ontzien marru batek
Marruskatzendizu ametsa, mahats bat bezain biguna.
Baina zu mila urtekoizaretanbiltzen zara,
Eta ametsetan euriaentzutenduzu berriro.

Bideek egunen batean ekarriko dute
Eraman zuten jendea.jainkoa bera da.
Ildoa joan, ildoa etorri, Jesús María!
Eta gauza orok ordaindu behar du bere hamarrena.

Belardiak amets gisaraeurigabetuz,
Pargatik amets gisara eurigabetuz,
Pargatik Pastorizara doa Denbora.
Pauso bat aurrera eta beste bat atzera, Galizia !

 

Itzultzaielak/ Tradutores: Gerardo Mazculeta/ Patxi Zubizarreta.

Luis González Tosar. Editorial Galaxia, 2014

 

¿PARA QUÉ?

Eu ámote. E noustante,
non sei por que entras ti na
miña vida,
ti tan branca e tan fría.
¿Eu sempre a patinar sobre o
teu xelo?
¿Sempre a xogar contigo? Pro
¿pra que?

[En alemán coa versión en galego, Dorna 17, xaneiro, 1991, p.14]


WOZU?

ICH liebe dich. Ich weirs
doch nicht warum du
In mein Lebe tritts, so kalt
und weiss.
Immer schlittre ich auf deinem
Eis.
Mit dit immer zu spielen ? Ach
wozu ?

 

CANCIÓN

OS DÍAS vanse, prendiña.
Soles, neves, ventos, choivas!
Bágoas sen porqué que nunca
ninguén enxoita.

O sol cae e volve a erguerse.
Máis estrelas, máis paxaros!
E nós somos sóio un soño
sen acougo.

Quixémonos, miña reina.
Dous corazóns, fogo e rosas!
O amor desfai a door;
o amor é o viño das cousas.

As palabras foxen sempre.
Soio o amor queda en pé!
A palabra é só carisia.
O amor todo o é.

Eu fago versos, ti cántalos.
Eu, o compás; ti, a canción.
Pro a morte, a Bela Durmida,
nos murcha as frols no balcón…

[En francés coa versión en galego, Dorna, 6 maio de1983,
Caderno de Crítica Literaria, pp.17-18]

CHANSON

LES JOURS s´en vont, ma mignone.
Soleils, neiges, vents et pluie !
Larmes sans but que personne
jamais n´essuie !

Le soleil tombe et se lève.
Des étoiles, des oiseaux !
Et nous ne sommes qu´un rêve
sans repos.

Nous avons aimé, ma reine.
Deux cœurs, deux flammes, deux roses !
L´amour efface la peine,
il est le vin des choses.

Les mots s´éloignent
sans cesse,
mais l´amour reste debout !
Un mot n´est qu´une caresse ;
l´amour c´est tout.

J´écris les vers, tu les chantes.
La mesure, la chanson !
Mais la mort, Belle Dormante,
fane nos fleurs au balcon !

 

 

Leave a Reply

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *