Manuel Antonio

1900-1929

Manuel Antonio Pérez Sánchez, Manuel Antonio, fue uno de esos poetas que pronto se encontró con la imperiosa necesidad de irse a morir a Grecia, como Byron, y de paso hacía la revolución. Sus intentos son bien conocidos; en 1918, todavía estudiante en Santiago, escribe al vicecónsul de Francia en A Coruña para pedirle que le dejé alistarse en la Legión Extranjera del ejército francés para luchar en la Primera Guerra Mundial, y en vista de que el vicecónsul no quiere saber nada de tal petición, Manuel Antonio coge un tren para Irún y lo detienen en la frontera. La leyenda habla de unos días de cárcel por la trastada y una vuelta heroica a casa. Le tentará también la Revolución Rusa y la guerrilla de Sandino en Nicaragua. Como se ve, siempre acontecimientos históricos de primera categoría. Por suerte para su madre todo eso se quedó en agua de borrajas. A falta de guerras o revoluciones se hizo marino.
En el paquebote Constantino Candeira escribe De catro a catro. Follas sin data d’un diario d’abordo (Nós, 1928).
Participan en la edición del libro el escritor Rafael Dieste, también de Rianxo y amigo de Manuel Antonio, y es ilustrado por Carlos Maside.
Es el poemario. Era el poemario. Fue muy celebrado dentro de la literatura gallega, desde Cunqueiro hasta el Grupo Rompente, a mediados de los 70. Ya no me atrevo más que a cazar versos al vuelo, nervioso por si todo se me derrumba. Y se me derrumba, lo sé, al menos en parte. Y se me derrumba como se le derrumba a uno la juventud, qué cosas. Manuel Antonio es el poeta oficial de la vanguardia gallega, un Vicente Huidobro menos charlatán y desatado. Unos poemas en los huesos. Por debajo del maquillaje formal muy del momento que le toca vivir, está el poeta intimista y solitario que ya deja caer los versos sin importarle mucho cómo caen en la página. Menos caligramas y más sangre.

Nos bordeis xa saben
que a nosa moeda
ten o anverso de ouro
e o reverso sentimental
Os ecos imprevistos
do noso cantar sonámbulo
apagarán os focos de madrugada
Mañá despertaremos
na ausencia desta xornada
Esquivouse unha folla
do diario efusivo

El valor de Manuel Antonio está precisamente ahí, en ese tono sentimental y seco al mismo tiempo con el que describe esa vida en el mar, traspasada por ciertas alucinaciones elegantes de la soledad.

Xa non vira o vento
por que a noite fechou tódalas portas

Su otro gran acierto está en la introducción del vocabulario marítimo en su poesía. Calima, barlovento, singradura, gavia, cabotaxe. La materia y el peso del poema.

Este verso, por ejemplo:

O sol era un páxaro triste
que se pousaba no penol

El más fiero vanguardista de la literatura gallega describe con nostalgia un mundo en extinción. Como dice César Antonio Molina «Manoel Antonio, situado al final de un mundo todavía romántico, intimista, sentimental y perfectamente hundido en las raíces de la naturaleza rural y marina, eleva esos elementos básicos del hombre antiguo uniéndolos al nuevo mundo presentido ya como algo inevitable tras el humo de esos vapores vistos desde los últimos veleros».

Al igual que Kafka, tuberculoso, Manuel Antonio parece atrapado en esa lucidez de una muerte temprana. En fin, el cuerpo.

A alba nova sorprendeume
cacheando entre los luceiros
unha despedida que se me perdeu

Obra poética:

Con anacos do meu interior; 18 poemas; escrito entre 1920-1922.
Foulas; 28 poemas; escrito entre 1922-1925.
De catro a catro; 19 poemas; escrito entre 1926-1927.
Sempre e mais despois; 8 poemas; escrito con posterioridad a De catro a catro.
Viladomar; 6 poemas; escrito en 1928.
• Poemas soltos datados; 27 poemas escritos entre 1918-1928.
• Poemas soltos non datados; 15 poemas, algunos de ellos aparecen escritos en los últimos tiempos de la vida del autor.

Manuel Antonio e os paradoxos da vida

A poesía de Manuel-Antonio, como a súa persoa, resulta paradoxal e fascinante ao mesmo tempo.
Acaso estamos ante o primeiro poeta galego en que a súa existencia e a súa obra se identificaron tan plenamente que resulta imposíbel divorcialas. Nado na vila de Rianxo co inicio do século XX, tivo sempre un carácter arrebatado (escapou de casa con poucos anos e foi detido en Francia cando ía cruzar a fronteira para apoiar a loita contra os alemáns na Primeira Grande Guerra). Afiliouse desde moi novo ao nacionalismo radical e coqueteou co anarquismo. Escribiu un demoledor manifesto literario, Máis alá (1922), onde se criticaba duramente, por vez primeira na historia das nosas letras, os camiños polos que transitaba a literatura galega daquela altura (o ruralismo, a copia fatigante dos tres grandes vultos do Rexurdimento: Rosalía de Castro, Eduardo Pondal e Curros Enríquez). A proclama contiña tamén unha diatriba contra os autores galegos que escribían na lingua de Castela (Valle-Inclán en primeiro termo) e contra os que practicaban o malsán deporte do bilingüismo. Con asombrosa lucidez, quizais con xuvenil arrogancia, o rianxeiro rexeitou a imitación das vangardas europeas do momento e, pola contra, reclamou co mesmo ardor a absoluta liberdade creativa para cada escritor.
O destino de Manuel Antonio había de ser marítimo. A súa paixón desmedida polo mar levouno a estudar náutica en Vigo e a embarcar no pailebote Constantino Candeira facendo unha travesía transatlántica por diversas cidades do planeta. Desde cedo padeceu unha enfermidade que foi laminando os seus pulmóns e acurtando a súa vida, a tuberculose. Morrería desa doenza en 1929 con vinte e oito anos. Froito das súas viaxes navais foi o único libro que publicou en vida. Con anacos do meu interior (1922), Foulas (1925) e Viladomar (1928) foron publicados postumamente, en 1974.
Poucas veces se ten analizado este enigmático título. Non se trata de doce horas (as que irían das catro horas dun día ás seguintes catro horas), mais de catro horas en catro horas. Isto é, os períodos das gardas nocturnas no barco comprendían catro horas co seu conseguinte relevo na garda. Polo tanto, o poemario retrataría eses intervalos de catro horas de duración, o cal xustifica, sen dúbida, o carácter fragmentario do volume. Asistiríamos a secuencias de catro horas, consecutivamente expostas. Aquí temos, xa que logo, a primeira grande orixinalidade do volume: o seu fragmentarismo. Outro dato importante que cómpre coñecer é que o pailebote Constantino Candeira era un veleiro. Manuel Antonio sentía aversión polos barcos de vapor e amaba os de vela. Por iso nas súas composicións é constante e obsesiva a presenza do vento ou a súa ausencia. Igualmente obsesiva é a presenza da noite. Numerosos poemas transcorren durante a anoitecida, na madrugada, na transición do crepúsculo. En consecuencia, as estrelas, os fenómenos meteorolóxicos, van ser actores do mudo teatro cósmico ao que asiste.
A disposición dos dezanove poemas que integran De catro a catro mostra unha estrutura de travesía marítima. O primeiro deles, “Intencións”, evidencia o entusiasmo e o fascinio ante un mar en que o poeta pensa que vai vivir aventuras apaixonantes. Mais hai un permanente desencanto que perturba ese alborozo e que vai asomando, como unha fenda vertixinosa, nos momentos de maior alegría. As seguintes pezas son os retratos da súa viaxe polo mar, interrompida case na exacta metade do libro con breves atraques en terra (así en “Recalada” e “Navy bar”). Na continuación reiníciase a viaxe para, por último, concluíla no estarrecedor remate, “Adeus”, que supón o regreso a terra e o definitivo final da navegación.
A estrutura circular do libro reprodúcese no interior de moitos poemas, que comezan e acaban repetindo as mesmas palabras, mesmo mostrando versos idénticos. Esta é a primeira característica formal que chama a nosa atención e que trae consecuencias psicolóxicas para o lector. Se o que se conta é circular, todo se repite. A sensación de reiteración vaise estender ao longo do poemario pois, efectivamente, os elementos que se nomean e as situacións que se plasman van repetirse decotío. Sen dúbida, o efecto que procura conseguir Manuel Antonio é o da monotonía, unha monotonía esencial da viaxe e consubstancial no ser humano. Porque pronto notamos que a viaxe no mar e a nosa viaxe na vida teñen moitos puntos en común. Tamén vivimos para despedirnos, para repetir os mesmos ritos, para vivir as mesmas situacións, para sentir o mesmo, para finalmente percibir que despois do noso paso polo mundo só deixamos apenas un rastro insignificante que desaparece por completo.
De aí xorde a esmagadora concepción existencial do autor, o seu profundo pesimismo. Todos os poemas están contaminados por esta percepción. Debaixo da pirotecnia das metáforas, das descricións dos contornos marítimos, aniña un corazón ferido de desesperanza. Para acentuar este desalento, o rianxeiro utiliza abundantemente o recurso da contradición, do paradoxo e da ironía, que son tres formas da negación. O subtítulo do noso libro resulta esclarecedor a este respecto: Follas sen data dun diario de abordo. Por un lado dise que é un diario, por outro dise que non leva datas. Ao final chegamos á conclusión de que é un diario que non é un diario. O mesmo acontece coa propia travesía marítima. En moitas ocasións o barco está parado, non hai vento, nada o impulsa e, por tanto, a viaxe xa non é viaxe. A quietude chega a ser tan absoluta que mesmo o mar deixa de ser mar, converténdose nun morto:

o cadáver do mar
fixo do barco un cadaleito

Até o propio navío acaba converténdose en ataúde. O mesmo acontece coa visión que do mar ofrece Manuel Antonio. Non hai auga fuxitiva, non hai ondas impetuosas, non hai meteoros que se precipitan nos abismos. Trátase, na maior parte dos casos, dun mar de sono alporizado, dunha extensión fechada en si mesma, dun caos que está en remanso, dunha inmensidade que semella caber nun vaso de auga. O creador parece atrapado nunha prisión onde non hai fuga posíbel. Nesa perturbadora quietude o tempo non transcorre, o tempo é:

No cuadrante estantío das estrelas
ficou parada esta hora.
As horas que non pasan xa non son horas,
o barco que non se despraza polo mar xa non é barco,
o mar que non brúa xa non é mar.

Tempo que non é tempo, viaxe en que non hai desprazamento, todo parece levar a unha zona neutra, paradoxal, que case podemos definir como unha non existencia: o baleiro. Non resulta estraño identificar todo o que estamos dicindo coas teorías de Nietzsche ou mesmo co budismo. O Eterno Retorno parece postular a inexistencia das cousas. Se todo se repite, nada acontece singularmente, nada é existente per se. De aí ese atoparse nun territorio de ninguén, nun océano en ningures.
En consecuencia, percibimos unha dupla contaminación: o tempo vai adquirindo a inmobilidade do espazo, mentres que o espazo vai fluíndo vagarosamente, como o pasar do tempo. Na realidade estamos ante a vivencia da paisaxe, non perante un simple retrato que a reproduza. O mar que se ofrece aos nosos ollos non é o simple mar que todos observamos, non é o mar visto por, mais vivido por Manuel Antonio. Esta é unha das características máis relevantes de toda a súa produción. O noso autor ten tal poder de convición comunicativa que o lector non ten máis remedio que percibir todo o que escribe como realmente vivido por el. E isto non ofrece dúbida. A sensación da autenticidade, xa o sabemos, é un produto da habilidade do noso poeta para nola transmitir. Convén subliñalo máis unha vez. A mente e o corazón de Manuel Antonio actúan conxuntamente e iso provoca no lector a percepción absoluta de que asiste a acontecementos verdadeiros, non a ilusorias manipulacións dun escriba.
O tipo de poesía practicado polo rianxeiro procede do creacionismo, fundado por Vicente Huidobro. Mais esta vangarda, que propugnaba o encadeamento de metáforas como a súa base creadora, tiña moito de malabarismo conceptual, de brillante fogo de artificio. No noso literato a metáfora sustenta un orbe reducido de vivencias que a todos nos afectan polo que teñen de veraz, de artisticamente veraz, e de universal. Lembremos que a arte é a creación da verdade das mentiras ou, como quería Pessoa, “o poeta é um fingidor que finge tão completamente que acaba sentindo que é dor a dor que deveras sente”. En sumo grao a poesía de Manuel Antonio finxe un sufrimento que de certo padece. A pesar de ser un cárcere do que non pode fuxir, a pesar de sentirse preso no estagnamento do tempo e do espazo, atrapado nesas dúas coordenadas como nunha rede de latitudes e lonxitudes, o poeta ama o mar, o poderoso mar, con todo o corazón. Non se entendería se non como unha persoa que padece tuberculose pode embarcar cando o salitre mariño, e isto sábeo con certeza, vai acelerar a súa doenza e anticiparlle a morte. Esa viaxe ten, pois, un profundo sentido de morte, unha forma de suicidio.
Este é un dos grandes temas de De catro a catro, a morte. Son frecuentes as referencias aos mortos, aos náufragos, ao afogados. De aí que o autor fale cun defunto e lle diga estes versos estarrecedores:

Xa che levaran os ollos
relingadores de lonxanías
e pescadores de profundidades.
O mar convértese nun infindo cemiterio, pois
contén no seu interior unha multitude de mortos
albergados no seu fondo.

Outro motivo que aparece no volume é o da soidade. Trátase dunha soidade individual e múltipla, sentida no máis profundo do ser, que atinxe a todos
os seres humanos. Nacemos solitariamente e solitariamente morremos. Comezamos a sentila cando vimos ao mundo, cando pisamos a terra por vez primeira. Non é de agora, é de sempre:

As nosas soidades
veñen de tan lonxe
como as horas do reloxe.

No caso do rianxeiro, a soidade é un sentimento que se vai acentuando cada vez que o barco se arreda da costa:

Fomos ficando sós
o Mar o barco e mais nós.

O mar é escenario de todas as soidades do home. O mar está só, o barco está só, nós estamos sós no universo, que tamén gravita só na soidade infinita. Resulta significativo comprobar que o desembarco en terra, lonxe de supor a ruptura coa monotonía do navegar ou de anular a soidade ou de supor un alivio dela, acaba confirmándoa e provocando unha grande desilusión. En “Navy bar” e “Recalada” o poeta, a pesar de estar en terra, sente que o bar oscila como un barco, que o que bebe é a auga de todos os océanos e, cando volta cos compañeiros de tripulación, bébedos, cantan supostamente alegres:

Polas ruas dispersas
íamonos fechando
cada un dentro da súa altamar.

Cada un regresa ao seu propio ser, á maré da soidade, á maré da propia embriaguez. Este afundimento en si transforma o mariñeiro en náufrago. O
concepto de naufraxio está intimamente ligado ao do fracaso existencial, máis que á idea da morte.
Por iso, cando abandonan a taberna mariñeira, o poema conclúe:

No repouso dalgún vaso
todas as noites naufraga o Bar.

A tasca tamén naufraga cando fica baleira da animación dos homes e os vasos fican quietos, sen ninguén que os sosteña, sen vida. Como vemos, todo o poemario é un sentimental caderno de bitácula onde o artista confesa os avatares mínimos e pincela un mar visionario.
Manuel Antonio non é un poeta insensíbel ao poder dos meteoros, por iso todo o que o circunda (obxectos e elementos) se converten en seres dotados de vida propia. Nas longas noites de vixilia o noso artista vive entre a terra e o ceo, fai garda indagando as secretas afinidades do cosmos e escribindo os seus poemas. Os actos diarios da natureza son descifrados pola súa alma que os muda en linguaxe, en verso alucinado. A paisaxe faise linguaxe. A viaxe e a inmobilidade confúndense. Cando termina a travesía o poeta atópase consigo mesmo. Sábese partido en dous, un eu que vai no mar, o outro eu que fica en terra.
Resulta marabilloso comprobar, entón, a verdade da condición humana, sabermos que vivir significa establecer lazos de amor con todo o que nos rodea e, ao mesmo tempo, prepararse para unha despedida, saber que somos unha mínima gota dos ciclos eternos. Así o poeta deixa de ser home porque se sabe todos os homes do mesmo modo que sabe que o seu adeus é todos os adeuses. De catro a catro reflicte, pois, un tempo de cristal feito de auga, que nunca pasa e sempre permanece, como a experiencia da vida condensada nun verso, como a experiencia do adeus condensando unha vida.

Román Raña

 

Fuente: wikipedia


Publicado

en

por

Etiquetas:

Comentarios

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *